Este é un evento repetitivo25 setembro, 2025 18:00
Detalles do eventos
No marco da exposición colectiva Abre los ojos, o escultor Carlos Tesouro realiza varias sesións de modelado en directo nas Galerías Durán, ofrecendo ao público unha oportunidade única
Detalles do eventos
No marco da exposición colectiva Abre los ojos, o escultor Carlos Tesouro realiza varias sesións de modelado en directo nas Galerías Durán, ofrecendo ao público unha oportunidade única para presenciar o proceso escultórico en tempo real.
A mostra Abre los ojos, organizada por Espacio Beny e inaugurada o pasado mércores 17 de setembro, nace co propósito de achegar a arte ao público xeral, sacándoo dos espazos tradicionais e levándoo a pé de rúa. As Galerías Durán, antigamente coñecidas por albergar tendas convencionais, se reinventan agora como escenario para a creación contemporánea, acollendo a diversos artistas nunha mostra colectiva que convida a mirar, sentir e participar.
As sesións de modelado en directo de Carlos Tesouro (os días 23, 25, 27 e 30 de setembro) buscan romper a barreira entre espectador e artista, permitindo que o público se achegue ao proceso creativo, observe os xestos, as decisións e a transformación da materia en forma. É unha invitación para abrir os ollos —literal e simbólicamente— á arte que sucede fronte a nós.
Hora
23 setembro, 2025 18:00 - 21:00(GMT+02:00)
Localización
Galerías Durán
Rúa do Príncipe, 51, Local 12, Santiago de Vigo, 36202 Vigo, Pontevedra
Hoxe móvese
setembro




