REVISTA ABRIL

Carlos Quintá + foliada

01dec22:30Carlos Quintá + foliadaCONCERTOS | - 22:30(GMT+01:00) Sala Kominsky

Detalles do eventos

Concerto de Carlos Quintá na Sala Kominsky, o 1 de decembro. Despois do concerto haberá foliada.

Carlos Quintá é profesor de acordeón diatónico da Escola Municipal de Vigo de Música Folk e Traicional. Artísticamente forma parte coma músico, principal arranxista e productor do grupo Linho Do Cuco, formación de murga contemporánea coa que grabou os discos Linho do Cuco (Ed. Nakra, 2003), 3 (autoedición 2007), As Alegrías (Acentral folque 2012), e Viva Viva! (Discos da Mákina 2016).

En 2017 bota a andar o proxecto Oradaladou coa cantante e acordeonista Sonsoles Penadique, co que veñen de publicar Cantigueiro de Cotobade ( Ed. Galaxia 2019), conmemorando o ano Fraguas das letras galegas. Formou parte co zanfonista Óscar Fernández do dúo Fdez e Quintá e do cuarteto Estatalá centrado na interpretación de música popular para o baile. Desde o ano 2007 é músico das compañías de teatro e teatro de monicreques Seisdedos, Viravolta e Fantoches Baj, coas que leva realizado máis de 500 actuacións por toda a xeografía peninsular, e participado en 14 montaxes teatromusicais.

Xoves 1 ás 22:30

Entrada inversa

Máis

Hora

(Xoves) 22:30(GMT+01:00)

Localización

Sala Kominsky

Rúa dos Irmandiños, 3, 36201 Vigo, Pontevedra

Other Events