Detalles do eventos
Careco Teatro presenta dúas pezas de microteatro, Sós e Táboas, con dramaturxia e texto de Patricia Meira, na A. C. Évame Oroza. O elenco está
Detalles do eventos
Careco Teatro presenta dúas pezas de microteatro, Sós e Táboas, con dramaturxia e texto de Patricia Meira, na A. C. Évame Oroza. O elenco está formado por Iris Darriba, Bea Gea, Pablo Rodríguez Costas, Bea Míguez e Germán Pardo.
SINOPSE
As dúas pezas de microteatro propoñen unha viaxe onde a palabra e a mirada das intérpretes cobran un peso esencial. A palabra escrita é corpo, o tempo lírico tamén. Os lugares, as persoas e os pensamentos son distintos, mais os desafectos resultan comúns pola súa universalidade. Só a procura da tenrura esperta os corpos, e son as accións as que acaban por xustificar calquera decisión tomada. Sen determinismo nin finalismo, o público atopará un espazo para a reflexión e para atravesar, xunto coas personaxes, o poder das palabras.
Hora
18 setembro, 2025 20:00(GMT+02:00)
Localización
Asociación Cultural Évame Oroza
Subida Costa, 5, 36202 Vigo, Pontevedra


