CARAPUCHIÑA VERMELLA. O MUSICAL – A Movida

outubro, 2018

21out12:30CARAPUCHIÑA VERMELLA. O MUSICALMUSICAL | Desde 9,00€12:30 Teatro García Barbón

Máis

Detalles do evento

Os nenos menores de 24 meses que non ocupen butaca non pagan entrada

Carapuchiña é unha nena duns nove anos. Certo día, a súa nai encárgalle ir á casa da avoa para que lle leve unha cesta con froita, un tarro de mel e unha botella de viño doce.

Polo camiño atopará amigos, aventuras con árbores bailarinas, cancións… e  incluso un lobo que fará das súas para intentar papala.

A historia está narrada por Plácido, un escritor de contos que, axudado pola súa vella máquina de escribir, traballará arreo para mecanografar o conto máis bonito do mundo enteiro: Carapuchiña Vermella.

Sobre EducaTeatro Producións: está formado por un grupo de profesionais das artes escénicas e musicais co asesoramento de mestres e pedagogos de contrastada experiencia no eido da educación. A música, a palabra e a diversión son os piares dos nosos traballos, especializados no teatro infantil e xuvenil, cos que queremos fomentar a educación en valores e presentar, dun xeito lúdico, a aprendizaxe das materias do currículo escolar.

Tralo éxito obtido co noso primeiro traballo, ‘Os tres porquiños. Unha obra musical con bonecos a tamaño real’, volvemos percorrer Galicia  renovando os contos clásicos, desta volta co musical de ‘Carapuchiña Vermella’.

Hora

(Domingo) 12:30

Lugar

Teatro García Barbón

Policarpo Sanz ,13 36202

X