Cara B: Rubén Suarez & Diego de la Iglesia
Detalles do eventos
Rock and roll e ilustración, sempre van moi unidos, desde a arte dos carteis á inspiración que é para os artistas esa música do diaño. Nesta ocasión van
Detalles do eventos
Rock and roll e ilustración, sempre van moi unidos, desde a arte dos carteis á inspiración que é para os artistas esa música do diaño. Nesta ocasión van da man máis que nunca porque esta exposición mostra o traballo de dous músicos ben coñecidos dentro da escena galega do R´n´R:
Por unha banda, Diego de la Iglesia, chamán dos tambores de Thee Blind Crows e ex-Terbutalina, e pola outra, Rubén Suarez, agora mesmo á fronte de The Family Folks, pero antes en Foggy Mental Breakdown, Los High Serras ou Los tres sudamaricones.
Ambos nos mostran a súa vertente menos coñecida para as masas, a súa CARA B. Unha cara para sibaritas e eruditos na que ambos levan anos traballando individualmente, tanto como ilustradores como deseñadores desde hai anos. Así, De la Iglesia en Guillotina Estudo, e Suarez, antes en Bunker Graphics e agora como freelance, levan anos realizando ilustracións e traballos gráficos.
“CARA B” é unha mostra de ilustración do traballo máis persoal de cada un deles que excede música e máis música ao ritmo trepidante dun, dous, tres e… o teu o teu tupé!
Máis
Hora
25 febreiro, 2022 18:30(GMT+02:00)
Localización
Galería Maraca
Rúa do Doutor Cadaval, 12, bajo, 36202 Vigo, Pontevedra
Hoxe móvese
Séguenos nas redes