
12abr19:00CAOSMOSACTIVIDADES PARA O COCO | De balde19:00 Asociación Cultural Évame Oroza
Detalles do eventos
Este mércores 12 de abril, Alberto Avendaño e Antón Patiño, autores de Caosmos, falarán sobre a obra conxunta que teñen publicada. CAOSMOS mestura o texto de Avedaño cos
CAOSMOS
Este mércores 12 de abril, Alberto Avendaño e Antón Patiño, autores de Caosmos, falarán sobre a obra conxunta que teñen publicada. CAOSMOS mestura o texto de Avedaño cos grafismos de Patiño, nun libro-obxecto para pensar. Nesta presentación tamén estará a filóloga, poeta e política Oriana Méndez e a xornalista e escritora María Xosé Porteiro.
Sinopse:
Avendaño e Patiño -e vicervexa-, entre liña e fonema, palabra e imaxe, a circulación -e mesmo a ululación- do intervalo, do entre-medias, do entre dous. O que é o mesmo que dicir: a interrupción e, ao tempo, o afán -interminable- da reapropiación, da suxestión nun do que vén do outro e de fóra do un mesmo.
Dicía, próximo, Nietzsche: «Por que dous? Por que dúas falas para dicir unha mesma cousa? Porque aquel que a di, sempre é o outro». Ritmo, entre-dous, curto-circuito entre escribir e pintar, palabra-imaxe, isto é Caosmos: «O caosmos permítenos habitar o intermedio». Ou, como diría nun murmurio John Cage, e non poder haber senteza mellor para rematar: Water writes always in plural.
Mércores 12 ás 19h na Asociación Cultural Évame Oroza.
Máis

(Mércores) 19:00
Asociación Cultural Évame Oroza
Subida Costa, 5, 36202 Vigo, Pontevedra