VIALIA
bannerPicnicSesions

Cantos e contos de Nadal en familia

05xan11:30Cantos e contos de Nadal en familiaPEQUERRECHOS | De balde11:30(GMT+01:00) Casa da Xuventude

Detalles do eventos

Obradoiro musical pensado para grupos familiares con nenos e nenas entre 3 e 7 anos de idade (franxa de idade aconsellada, acompañados por un máximo de dúas persoas adultas), adaptando repertorio e contido ás idades dos/as participantes.

Actividade pensada para achegar ás familias o repertorio máis divertido de cantigas do Nadal tradicional galego. Tamén faremos algún conto baseado no tempo do Nadal. As cantigas estarán acompañadas por música en directo, facendo un obradoiro interactivo no que participaremos todos e todas practicando diversos ritmos e interpretando en conxunto o repertorio escollido.

Dirixido por Luís Prego, profesor de canto e baile tradicional e autor dos libros “Para cantar e bailar” e “Xogos musicais”.

Duración aproximada de 45 minutos.

Entrada de balde ata completar a capacidade

Importante traer unha manta ou esterilla para sentar comodamente no chan coas crianzas

PROGRAMA NO NADAL, UN CONTO

Mércores 22
– 18h: ‘Antón e o Apalpador’ Barafunda (AV Casco Vello)

Xoves 23
– 11.30h: ‘As nosas árbores’ Diego García ‘Miudiño’ (Mercado de Teis)
– 11.30h: ‘Arrolos e cantos no colo’ Luis Prego (Auditorio Municipal do Concello)
– 11.30h: ‘O país da choiva’ Miguel Anzo Alonso Diz (AV A Miñoca)
– 12h: ‘Regueifas’ (Mercado das Travesas)
– 17h: Xornada de xogos de mesa con Brazolinda (Verbum)

Venres 24
– 11.30h: ‘Cantacontos Sons da batea’ Barafunda (Mercado do Progreso)

Domingo 26
– 12h: ‘Gran xogo das Letras Galegas’ Eduvía (Verbum)

Luns 27
– 11h: ‘En galego mola!’ Eduvía (Oficina Municipal de Distrito de Teis)
– 11.30h: ‘Paxariños’ Trinke Trinke teatro (Auditorio Municipal do Concello)
– 17.30h: ‘Antón e o Apalpador’ Barafunda (AV A Miñoca)
– 17.30h: ‘Contos de mazapán’ Nanda Misa (AV Casco Vello)
– 17.30h: ‘Paxariños’ Trinke Trinke teatro (Verbum)

Martes 28
– 11.30h: ‘Arrolos e cantos no colo’ Luis Prego (Auditorio Municipal do Concello)
– 12h: ‘Regueifas’ (Mercado do Calvario)
– 17h: ‘En galego mola!’ Eduvía (Pavillón do Romil)
– 17h: ‘Xincana científica’ (Verbum)

Mércores 29
– 11h: ‘Eira Xandobeleira’ Xandobela (CVC Valladares)
– 11.30h: ‘O país da choiva’ Miguel Anxo Alonso Diz (Casa da Xuventude)
– 11.30h: ‘Cantacontos Sons da batea’ Barafunda (Mercado do Calvario)
– 12h: ‘Regueifas’ (Mercado do Progreso)
– 17h: ‘ Eira Xandobeleira’ Xandobela (Verbum)
– 17h: ‘Xornada de xogos de mesa’ Brazolinda (Auditorio Municipal do Concello)

Xoves 30
– 11h: ‘Imos cantar o Nadal!’ Xandobela (AV Casco Vello)
– 11h: ‘Contos de mazapán’ Nanda Misa (Oficina Municipal de Distrito de Bouzas)
– 11.30h: ‘Animais artistas e outras cousiñas’ Iván Davila Grande (Mercado do Calvario)
– 11.30h: ‘Regueifas’ (Mercado de Teis)
– 17h: ‘Xincana científica’ Ceo Aberto (Verbum)
– 17.15h: ‘Imos cantar o Nadal!’ Xandobela (Oficina Municipal de Distrito de Bouzas)
– 17.30h: ‘O país da choiva’ Miguel Anxo Alonso Diz (Centro parroquial S. Xosé Obreiro)

Venres 31
– 11.15h: ‘Son no berce’ Cova das letras (Auditorio Municipal do Concello)
– 11.30h: ‘Periplo Atlántico’ Polo correo do vento (Mercado das Travesas)
– 12.30h: ‘Son no berce’ Cova das letras (Auditorio Municipal do Concello)

Domingo 2
– 12h: ‘Gran xogo das Letras Galegas’ Eduvía (Verbum)

Luns 3
– 11h: ‘En galego mola!’ Eduvía (CVC Valladares)
– 11.30h: ‘Eira Xandobeleira’ Xandobela (Oficina Municipal de Distrito de Teis)
– 11.30h: ‘Imos cantar o Nadal!’ Xandobela (Asociación de Comerciantes do Calvario)
– 16.30h: ‘Imos cantar o Nadal!’ Xandobela (AV Novo Vigo – Navia)
– 17h: ‘Xornada de xogos de mesa’ Brazolinda (Verbum)
-17.15h: ‘O país da choiva’ Miguel Anxo Alonso Diz (Oficina Municipal de Distrito de Bouzas)
– 18h: ‘O soño dos golfiños’ Urdime (Oficina Municipal de Distrito de Teis)

Martes 4
– 11.30h: ‘Animais artistas e outras cousiñas’ Iván Davila Grande (Mercado do Progreso)
– 11.30h: ‘Xincana científica’ Ceo Aberto (Auditorio Municipal do Concello)
– 11.30h: ‘Cantacontos Sons da batea’ Barafunda (Mercado das Travesas)
– 17h: ‘En galego mola!’ Eduvía (Pavillón deportivo de Bouzas)
– 17h: ‘Son no Berce’ Cova das Letras (Verbum)
– 18.15h: ‘Son no Berce’ Cova das Letras (Verbum)

Mércores 5
– 11.30h: ‘Cantos e contos de Nadal en familia’ Luis Prego (Casa da Xuventude)

Venres 7
– 17h: ‘Contos na lareira’ Iván Davila Grande (Auditorio Municipal do Concello)
– 17h: ‘Xincana científica’ Ceo Aberto (Verbum)
– 18h: ‘A voar’ Cé, orquestra pantasma (Oficina Municipal de Distrito de Teis)

Sábado 8
– 11.30h: ‘Cantacontos Sons da batea’ Barafunda (Mercado de Teis)
– 11.30h: ‘ Gran xogo das Letras Galegas’ Eduvía (Auditorio Municipal do Concello)
– 12.30h: ‘Arrolos e cantos no colo’ Luis Prego (Verbum)
– 17.30h: ‘En galego mola!’ Eduvía (Parque Nelson Mandela Navia)

Domingo 9
– 12h: ‘Gran xogo das Letras Galegas’ Eduvía (Verbum)
– 17.30h: ‘En galego mola!’ Eduvía (Parque Nelson Mandela Navia)

Máis

Hora

(Mércores) 11:30(GMT+01:00)

Localización

Casa da Xuventude

Rúa López Mora, 31, 36211 Vigo, Pontevedra

Other Events