Detalles do eventos
Presentación do traballo de investigación “Cantando la Nación. Pascual Veiga, Eduardo Pondal y el Himno de Galicia”, a cargo de Javier Campos Calvo-Sotelo.
Detalles do eventos
Presentación do traballo de investigación “Cantando la Nación. Pascual Veiga, Eduardo Pondal y el Himno de Galicia”, a cargo de Javier Campos Calvo-Sotelo.
Cando o músico Pascual Veiga solicitou ao poeta Eduardo Pondal unha letra para a categoría “Marcha regional gallega” do certame musical que tería lugar aquel verán de 1890 no Teatro Principal da Coruña, non podía sospeitar a repercusión histórica que a obra acadaría co tempo. Sábese que o poema musicado por Veiga chegou a ensaiarse para o certame, pero non foi estreado, senón que iniciou un longo e escuro desterro, do cal, a día de hoxe, aínda non hai resposta para algúns dos enigmas que o rodean.
Este volume aborda a historia do himno de Galicia (Os Pinos), os seus dous autores (Veiga e Pondal), e o notable cúmulo de contextos e circunstancias que os acompañaron.
Hora
21 marzo, 2024 19:00(GMT+01:00)


