Detalles do eventos
Convocatoria para cantar o Grândola, Vila Morena ás 19:30 h da tarde na Farola de P´rincipe, para conmemorar o 25 de abril e a fin
Detalles do eventos
Convocatoria para cantar o Grândola, Vila Morena ás 19:30 h da tarde na Farola de P´rincipe, para conmemorar o 25 de abril e a fin da ditadura portuguesa nesa data en 1974.
A Revolución dos Caraveis, ou Revolução dos Cravos en portugués, supuxo o derrocamento do Estado Novo, o réxime ditatorial de Europa occidental máis lonxeva do século XX, que dirixía o país con man autoritaria desde 1926.
A referencia floral debeuse a un xesto espontáneo de Celeste Caeiro, filla de galega, que aquel día levaba consigo caraveis para a inauguración dun restaurante que finalmente fora cancelada. Ao se atopar cos soldados nas rúas de Lisboa, foilles ofrecendo as flores, que estes colocaron nos seus fusís. A imaxe estendeuse axiña e acabou por converter o cravo na icona do alzamento democrático portugués. A canción Grândola, Vila Morena é outra desas iconas que permanecen na memoria colectiva, pois foi o contrasinal utilizado polo Movimento dos Capitães para iniciar a revolución contra o réxime cando fose retransmitida pola emisora Rádio Renascença. A canción fala da fraternidade entre as persoas de Grândola, no Alentejo, e fora prohibida pola ditadura por considerarse un himno comunista.
Hora
25 abril, 2026 19:30(GMT+02:00)
Localización
Farola de Urzáiz
Rúa de Urzáiz, 36201 Vigo, Pontevedra


