Canta forte, conta piano – A Movida

agosto, 2018

21ago20:00Canta forte, conta pianoCONTACONTOS | De balde20:00 Praza Suárez Llanos, Bouzas

Máis

Detalles do evento

Neste proxecto reunimos tres historias: o conto popular “O caldo de pedra”, o conto rimado de Xosé María Álvarez Cácamo Dinosaurio Belisario e o conto do rato poeta Frederick de Leo Lioni, acompañado este último de textos poéticos para público infantil dos/as autores/as galegos/as Elvira Ribeiro, Fran Alonso, X.M.A. Cácamo e a portuguesa Matilde Rosa Araújo.

Os textos son contados e interpretados mentres o piano realiza unha ilustración sonora dos ambientes, dos personaxes e das accións. Lévanos á tonalidade grave do poder de Belisario, e á melodía doce do ollar de Frederick. Intríganos co seguinte ingrediente do caldo de pedra.
1.“O caldo de pedra” pon de relevo a maneira de reaccionar dos seres humanos fronte á escaseza e a deseperación dos demais.
2.Dinosaurio Belisario é un conto con ritmo e rima que reforza valores coma o
compañeirismo, a solidariedade e a amizade, así coma o poder da palabra.
Ten unha canción final para cantar en conxunto acompañados/as do piano.
3.Frederick é un rato nugallán, que durante o verán pasa as horas ollando o horizonte, mentres a súa familia traballa arreo. Cando chega o frío e a chuvia e xa non queda comida…
É unha historia que salienta a importancia da imaxinación, da palabra e da poesía nas nosas vidas.

Hora

(Martes) 20:00

Lugar

Praza Suárez Llanos, Bouzas

Alameda Suárez Llanos 36208 Vigo Pontevedra

X