GFFF

Canjazz

22ago(ago 22)22:00CanjazzFESTIVAIS E FEIRAS| De balde22:00

Detalles do eventos

Canjazz, o festival internacional de música jazz de Cangas, celebrarase de novo este 2021 nas Naves de Ojea os días 22, 23, 24 e 25 de agosto.

A entrada é sen reserva, por orden de chegada ata completar aforo, e as portas abrirán media hora antes de cada concerto.

O Canjazz arrincará o domingo 22 coa presentación de Weird Tales do A.Ou. F Project, e a continuación soará a formación da pianista e compositora catalá Cristina Montull. O luns 23 será a quenda de Jesse Van Ruller e Maarten Hogenhuis, a proposta máis internacional desta edición, e continuarán os vigueses Guillermo Guerrero Trio. A noite do martes 24 tocaralle ó saxofonista Enrique Oliver, un dos referentes do jazz estatal, que presentará o seu último traballo, e seguirá a formación improvisada para a ocasión de Xurxo Estévez, Joan Saldaña, Wilfred Wilde e David Puime. O mércores 25 porá o broche final ao festival a pianista e cantante Lucia Fumero co seu trío no escenario grande, e o Humberto Cao Quartet no palco pequeno.

Máis

Hora

22 (Domingo) 22:00

Localización

Cangas

Rúa Peirao de Ojea, 36940 Cangas, Pontevedra