Detalles do eventos
O festival celébrase do 16 ao 19 de agosto en Cangas con catro concertos principais, dúas sesións vermú e jams sesión todas as veladas. O Canjazz 2026 chega
Detalles do eventos
O festival celébrase do 16 ao 19 de agosto en Cangas con catro concertos principais, dúas sesións vermú e jams sesión todas as veladas. O Canjazz 2026 chega cargado de novidades. Esta edición do festival incorpora dúas sesións vermú, unha banda residente para as jam sessions e presenta un cartel que combina figuras consagradas do jazz internacional coa oportunidade de descubrir algunhas das voces máis prometedoras da actualidade.
Todo isto nun ano marcado pola presenza destacada do saxo e da trompeta, coincidindo co centenario do nacemento de dúas lendas do jazz: Miles Davis e John Coltrane.
Programación
Domingo 16, 13:00h, Taberna Cambika – MAG
Domingo 16, 22:00h, Eirado do Costal – Román Filiú «Suite Oriental»
Domingo 16, 23:30h, O Adro – Sunil López Quinteto
Luns 17, 22:00h, Eirado do Costal – Ricardo Formoso «Electric Rebound»
Luns 17, 23:30h, O Adro – Sunil López «Past & Future Dialogues»
Martes 18, 13:00h, Alameda Vella – Scannapieco-Geremia 5tet
Martes 18, 22:00h, Eirado do Costal – Alexandra Ridout Quartet
Martes 18, 23:00h, O Adro – Sunil López «Past & Future Dialogues»
Mércores 19, 22:00h, Eirado do Costal – Madalena Caldeira Quintet
Mércores 19, 23:30h, Chiringo de Massó – Lúa Chea (Jam Session)
Hora
16 agosto, 2026 20:00 - 19 agosto, 2026 23:59(GMT+02:00)
Localización
Cangas
Rúa Peirao de Ojea, 36940 Cangas, Pontevedra
Hoxe móvese
setembro




