decembro, 2019

Este é un evento repetitivo

13dec22:00Canchal VIII: Seis CordasESPECTÁCULOS | 10,00€22:00 Teatro Ensalle

Máis

Detalles do evento

Os días venres 13 (ás 22h), sábado 14 (ás 22h) e domingo 15 (ás 21h) de decembro, no Teatro Ensalle e dentro da programación especial SEIS CORDAS, compartirase co público “CANCHAL VIII”. Un encontro escénico multidisciplinar, coa participación de Cía. Ensalle e todos os creadores de diversas disciplinas e linguaxes artísticas cós que a compañía ven traballando por separado nos últimos meses, no marco da creación do seu próximo traballo “Antes de que legue la bestia”, que verá a luz o vindeiro 13 de de febreiro de 2020.

Terrorismo de Autor (colectivo audiovisual, Madrid) o creador e bailarín Sergi Fäustino
(Barcelona), o iluminador e creador escénico Antoine Forgeron (Galicia-Madrid) e a
equipa artística de Compañía ENSALLE; Pedro Fresneda, Raquel Hernández e Artús Rei
están esta semana na sala Teatro Ensalle desenvolvendo unha última residencia artística
e rematarán o proceso de investigación todos eles xuntos con CANCHAL VIII, como mostra
aberta do proceso ó público ou momento escénico.

Un Canchal é unha reunión enfocada á creación entre os integrantes do equipo artístico de Ensalle e artistas invitados. O traballo de creación organízase nunha ou dúas semanas intensas nas que se comparten linguaxes creativas e experiencias escénicas distintas, para finalmente mostrar o resultado dunha creación viva e en proceso durante tres días que non teñen que ser iguais.
Trátase de intervencións puntuais encadradas no proceso de creación dos traballos escénicos de Ensalle, e cumpren a función de “bater” a linguaxe que a compañía viguesa leva dando forma desde hai máis de 20 anos. Este intercambio nutre tanto a Ensalle, como aos creadores invitados, que en ocasións atopan nos Canchales o “detonante” dos seus seguintes traballos.

A mostra do traballo en común Canchal VIII entre o colectivo Terrorismo de Autor, Sergi Fäustino, Anotine Forgeron e a compañía Ensalle, terá lugar os días:
VENRES 13 de decembro, ás 22:00 horas
SÁBADO 14 de decembro, ás 22:00 horas
DOMINGO 15 de decembro, ás 21:00 horas

As entradas terán un precio de 9€ la entrada normal, 7€ la entrada a estudiantes e persoas xubiladas, 6€ a entrada a desempregados e 4.5€ a entrada a estudiantes da Escola Superior de Dramático Artes de Galicia (ESAD).

Hora

(Venres) 22:00

Lugar

Teatro Ensalle

Calle de Chile, 15, 36202 Vigo, Pontevedra

X