xuño, 2019

Este é un evento repetitivo

29xuñ22:00Canchal VI, de Compañía Ensalle e Terrorismo de autorESPECTÁCULOS | De balde22:00 Teatro Ensalle

Máis

Detalles do evento

Os días 28, 29 e 30 de xuño en Teatro Ensalle, terá lugar o encontro escénico Canchal VI. Mostra ao público do traballo de investigación escénica conxunto, resultante da residencia artística que a compañía Ensalle e o colectivo audiovisual Terrorismo de Autor (Madrid), levan a cabo ao longo da semana no Teatro Ensalle.

Desde o luns 24 ao domingo 30 de xuño, o colectivo audiovisual Terrorismo Autor procedente de Madrid, estará a residir en Vigo para levar a cabo unha residencia artística (traballo de investigación escénica), xunto á compañía Ensalle, no marco do proceso de creación da próxima obra que a compañía galega estreará en 2020 “Antes de que llegue la bestia”.

Que é un canchal? Un Canchal é unha reunión enfocada á creación, entre os integrantes do equipo artístico de Ensalle e artistas invitados. O traballo de creación organízase nunha ou dúas semanas intensas de residencia, nas que se comparten linguaxes creativas e experiencias escénicas distintas, para finalmente mostrar o resultado dunha creación viva e en proceso durante tres días que non teñen por que ser iguais.

Funcións:
28-06-2019 ás 22:00
29-06-2019 ás 22:00
30-06-2019 ás 21:00

Ensalle

Hora

(Sádado) 22:00

Lugar

Teatro Ensalle

Calle de Chile, 15, 36202 Vigo, Pontevedra

X