maio, 2021

Este é un evento repetitivo

30mai20:30#camiños, de Butaca ZeroESPECTÁCULOS | 13,00€20:30 Auditorio Municipal do Concello

Detalles do eventos

#camiños, unha das pezas máis divertidas e sorprendentes da escena teatral galega dos últimos tempos, despídese dos escenarios tras tres anos de incansable xira. A peza poderase ver por última vez sobre as táboas os días 28, 29 e 30 de maio, ás 20.30 horas, no Auditorio Municipal do Concello de Vigo.

#camiños é un espectáculo de ButacaZero, en coproducción co Centro Dramático Galego. Esther F.Carrodeguas e Xavier Castiñeira son os creadores da peza, que conta coa propia Carrodeguas en escena, acompañada de Noelia Blanco, Celina Fernández, Pía Nicoletti e Noa Covelo. A obra aborda o tema da identidade galega desde unha perspectiva millennial, mesturando o teatro físico co bufón, as coreografías co teatro textual e o playback coa pasarela de moda nun aluvión escénico que pretende non deixar a ninguén indiferente. Durante a obra, o público poderá gozar en directo da música d’As Churrascas, que precisamente fan parte da escenificación. O videoclip do seu primeiro hit, Adios Ríos Adiós Fontes, que versiona con música electrónica o famoso poema de Rosalía de Castro, xa ten 4.000 visitas en YouTube.

#camiños é unha reflexión, en clave irónica, arredor de cuestións como ‘quen somos os galegos e as galegas do século XXI?’, ‘Como nos colocamos no mundo nós, que levamos sempre o móbil pegado á man e vivimos nun mundo globalizado?’, ou ‘Que queda dos e das nosas devanceiras dentro da nosa sociedade?’. Trátase dunha peza que nos leva de camiño a nós mesmos, ao que somos e ao que desexamos ser, ao que fomos un día e, ao que un día, podemos chegar a ser.

Para tecer este mapa, ButacaZero botou man de todos os rexistros escénicos necesarios: coreografías, teatro físico, bufón, música, playback, pasarela, audiovisuais. #camiños é unha peza imbuída por un espírito millennial, que, ao igual que as redes sociais nas que adoitamos pasar o noso tempo, é un collage ecléctico que tenta explicar o noso mundo. Un aluvión escénico que pretende non deixar a ninguén indiferente. Unha festa teatral na que celebrármonos pero tamén, reflexionármonos.

Máis

Hora

(Domingo) 20:30

Localización

Auditorio Municipal do Concello

Praza do Rei, 1, 36202 Vigo, Pontevedra

X