GFFF

Camiño a camiño: VigoZoo - Bembrive

19set08:30Camiño a camiño: VigoZoo - BembriveACTIVIDADES DEPORTIVAS | De balde08:30

Detalles do eventos

A proposta arrancará o 19 de setembro co paseo desde VigoZoo ata o Parque Forestal de Bembrive, punto de partida do seguinte domingo, 26 de setembro, onde os camiñantes chegarán ata o parque forestal de Bembrive. O 3 de outubro continúa o camiño desde Bembrive ata Monte dos Pozos, desde onde sairá a cuarta e última ruta deste bloque, o 10 de outubro, con finalización en Saiáns.

O programa de outono continuará o 17 de outubro cunha excursión pola Serra do Suído. Unha semana despois será a quenda da Serra da Groba, mentres que o 31 de outubro os inscritos poderán coñecer a Serra do Galleiro. A última proposta de outono, a Serra do Galiñeiro, terá lugar o domingo 7 de novembro.

Cada día oferta un centenar de vacantes, que logo serán divididas en grupos para cumprir coa normativa de prevención contra o coronavirus. As inscricións, como vén sendo habitual, se tramitarán a través do 010 e o prazo para anotarse ábrese o luns inmediatamente anterior á celebración do recorrido. O programa “Vigo Camiño a Camiño” conta coa colaboración da entidade Vegalsa-Eroski.

Para os desprazamentos haberá un bus urbano de balde nas rutas de Vigo e outro discrecional para as do entorno (neste caso abonarase 3 euros por adulto e 1,5 euros para nenas e nenos)

✔ Domingo 17 de setembro

🏁 Punto de Encontro: Praza do Rei (marquesina de autobús)

👀 Hora de rexistro de entrada: 8:30. Hora de saída: 9:00. Hora finalización 13:00 (aprox)

🏃 Percorrido único: 11,6 km, pendente media 5,8%, dificultade baixa 

👉 Recomendacións: calzado de sendeirismo e bastóns

Máis

Hora

(Domingo) 08:30

Localización

Praza do Rei

Praza do Rei 36202 Vigo Pontevedra