VIALIA
bannerPicnicSesions

Camiño a camiño: Sendeiro Local de Cabral

16mai09:30Camiño a camiño: Sendeiro Local de CabralACTIVIDADES DEPORTIVAS | De balde09:30(GMT+02:00) IFEVI

Detalles do eventos

Camiño a camiño‘ é o programa municipal que quere dar a coñecer o patrimonio natural, os miradoiros e espazos etnoarqueolóxicos do cinto verde da cidade incluídos nos montes, parques forestais e sendeiros locais. Este programa tamén inclúe 7 paseos interpretativos polos sendeiros locais. Os paseos teñen unha duración aproximada de 3 horas e establécense distintos niveis de dificultade para que poida participar todo tipo de público. Ao final dos percorridos, haberá actuacións musicais e de baile tradicional.

Sendeiro Local de Cabral
A segunda ruta do ‘Camiño a camiño’ é polo sendeiro local de Cabral o domingo 16 de maio entre as 9:30 e as 13:30. Terá como punto de encontro a entrada do Ifevi e as actuacións serán por parte de Fiadeiro e Sons das Ferriñas.

Inscrición previa a través do teléfono de información municipal 010 ou no 986810260, aberta desde o luns previo á actividade. Toda a información dispoñible en caminoacamino.blogspot.com.

PROGRAMACIÓN

  • Domingo 9 de maio: Sendeiro local de Candeán
  • Domingo 16 de maio: Sendeiro local de Cabral
  • Domingo 23 de maio: Sendeiro local de Bembrive-Beade
  • Domingo 30 de maio: Sendeiro local de Zamáns
  • Domingo 6 de xuño: Sendeiro local de Valadares
  • Domingo 13 de xuño: Sendeiro local de Coruxo
  • Domingo 20 de xuño: Sendeiro local de Oia e Saiáns

Máis

Hora

(Domingo) 09:30(GMT+02:00)

Localización

IFEVI

Av. do Aeroporto, 772, 36318 Vigo, Pontevedra

Other Events