Camiño a Camiño Etapa 3 - Senda litoral e do Monte da Guía
Detalles do eventos
O programa Camiño a Camiño, dependente da concellería de medio ambiente, anuncia sete novas actividades durante o período 13 de marzo ao 8 de maio.
Detalles do eventos
O programa Camiño a Camiño, dependente da concellería de medio ambiente, anuncia sete novas actividades durante o período 13 de marzo ao 8 de maio.
A terceira etapa das rutas de Camiño a Camiño, promovida pola Concellería de Medioambiente de Vigo, percorre a senda litoral e do Monte da Guía o vindeiro domingo 27 de marzo.
Nesta ocasión arranca dende Chapela, pasando por Area Longa para acceder ao Camiño Real que nos achega ata a ETEA e o areal da Punta. Logo de atravesar o paseo do Faro da Guía, ascendemos ata a Ermita e logo á Carballeira da Guía.
INSCRICIÓN (150 prazas por paseo, gratuíta)
– Dende luns 21 de marzo, no 010 (986 81 02 60 dende o móbil). Empadroados: de luns a mércores, de 8:00 a 20:00. Non empadroados: xoves previo á actividade.
– No caso de non poder asistir unha vez inscrito/a, hase de comunicar en info@caminoacaminovigo.org para así convocar á lista de agarda.
Punto de Encontro: Praza do Rei. Traslado en autobús discrecional (gratuíto)
Hora de rexistro de entrada: 8:30. Hora de saída: 9:0. Hora finalización 13:00 (aprox)
Percorrido : 8,3 km, pendente media 5,6%, dificultade media-baixa
*Convén levar bastón e calzado de montaña que non esbare.
Máis
Hora
27 marzo, 2022 08:30(GMT+02:00)
Localización
Praza do Rei
Praza do Rei 36202 Vigo Pontevedra
Hoxe móvese
Séguenos nas redes