outubro, 2019

20out09:00Camiño a camiño: Castelo de SobrosoACTIVIDADES DEPORTIVAS | De balde09:00 Praza do Rei

Máis

Detalles do evento

Senda a carón da botánica: Castelo de Sobroso e entorno. Saída o domingo, 20 de outubro, 9:00 na Praza do Rei. Volta sobre as 14:30.
Inscrición no 010 (986 81 02 60 dende móbil) dende o luns 14 de outubro.

A ruta comeza no balneario de Mondariz, onde iniciaremos o percorrido polos antigos xardíns do gran hotel.  Nestes xardíns poderemos contemplar espectaculares árbores centenarias así como antigas edificacións da época de esplendor do balneario, a finais do século XIX e principios do XX,  mesmo atoparemos os restos dunha antiga capela románica.

Tras este paseo polos xardíns do balneario e do Gran hotel, colleremos camiño con dirección ó Castelo de Sobroso, a primeira parte do percorrido vai por un entorno rural, bastante humanizado pero pouco a pouco imos deixando atrás casas e leiras para adentrarnos no bosque.  Esta primeira parte do percorrido é de subida, mais a pendente non é moi forte, as fermosas carballeiras polas que pasamos e varias fontes farannos máis levadeiro o camiño.

Na metade do percorrido pararemos no castelo de Sobroso, impresionante fortaleza cuxas orixes remóntanse ó século XII, cando foi construído, posteriormente foi destruído polas revoltas irmandiñas no século XV e reconstruído por Pedro Madruga nese mesmo século.  Nos arredores do castelo hai unha senda botánica sinalizada onde poderemos coñecer as principais especies autóctonas da zona, así como disfrutar do bosque autóctono durante a que é para moitos a época onde está máis fermoso, o outono.

Tras a parada no castelo, continuamos a ruta, neste tramo costa abaixo, ata o castro de Troña, un dos maiores e mellor conservados castros de toda a comarca.  Este castro, como a maioría dos castros galegos, ocupa un outeiro cunha posición estratéxica dende onde temos unhas espectaculares vistas da contorna.  A ruta remata ó pé do outeiro do castro, onde nos recollerán os autobuses.

Hora

(Domingo) 09:00

Lugar

Praza do Rei

Praza do Rei 36202 Vigo Pontevedra

X