Camiño a Camiño: Cabo Estai - Bouzas
19mar08:30Camiño a Camiño: Cabo Estai - BouzasACTIVIDADES DEPORTIVAS | De balde08:30 Praza do Rei
Detalles do eventos
O programa ‘Camiño a Camiño’, dependente da concellería de medio ambiente, anunciou sete novas actividades durante o período 13 de marzo ao 8 de maio.
Detalles do eventos
O programa ‘Camiño a Camiño’, dependente da concellería de medio ambiente, anunciou sete novas actividades durante o período 13 de marzo ao 8 de maio.
Durante o mes de marzo abordaranse as sendas azuis de Vigo, que poñen en valor os recursos naturais a carón do curso baixo do río Lagares e da costa de Vigo, onde dispomos dun total de 56 areais, moitos deles catalogados con Bandeira Azul pola calidade das augas de baño e servizos asociados. Particularmente faranse tres traxectos: senda azul do Lagares-Canido (13 marzo), senda entre Cabo Estai e Bouzas (20 marzo) e senda litoral e do monte da Guía (27 de marzo).
A segunda etapa deste camiño farase o domingo 20 de marzo, ao igual que na primeira etapa, o trazado tamén resulta moi cómodo e permitiranos coñecer un número importante de areais, con distintas características cada un deles, e sobre todo cunha aproximación moi enriquecedora ao ecosistema intermareal. Precisamente atravesaremos espazos en marea baixa que teñen moito que contar.
INSCRICIÓN (150 prazas por paseo, gratuíta)
– Dende luns 14 de marzo
– No caso de non poder asistir unha vez inscrito/a, hase de comunicar en info@caminoacaminovigo.org para así convocar á lista de agarda.
🏁 Punto de Encontro: Praza do Rei. Traslado en autobús discrecional (gratuíto)
👀 Hora de rexistro de entrada: 8:30h. Hora de saída: 9:00h. Hora finalización 13:00 (aprox)
🏃 Percorrido : 9,5 km, pendente media 2,8%, dificultade baixa
Máis

Hora
(Sábado) 08:30
Localización
Praza do Rei
Praza do Rei 36202 Vigo Pontevedra
Séguenos nas redes