23abr22:00CalllejoCONCERTOS | Desde 10,20 €22:00(GMT+02:00) La Fábrica de Chocolate
Detalles do eventos
Calllejo, o proxecto en solitario do músico e produtor vigués Adrián Callejo, iniciou a comezos de abril o seu camiño discográfico co lanzamento de ‘Déixame
Detalles do eventos
Calllejo, o proxecto en solitario do músico e produtor vigués Adrián Callejo, iniciou a comezos de abril o seu camiño discográfico co lanzamento de ‘Déixame bailar (Queimadura)’, o primeiro adianto de Moscoso, o seu álbum debut, que verá a luz o vindeiro 23 de abril de 2026. A mediados de mes publicou o tema ‘Quen gañou?’, con Lontreira.
Moscoso
Tras cinco anos de composición e produción, Calllejo presenta con Moscoso un traballo formado por dez cancións que transitan entre a introspección e a enerxía, entre a contención e o estoupido. O álbum, producido xunto a Rotce (membro de Montedapena e Lontreira e produtor de Laura Lamontagne e Nuntia) e editado por Escoita, constrúe unha identidade sonora que bebe da electrónica e do pop contemporáneo sen perder unha raíz emocional moi presente.
Presentación en directo en Vigo
O lanzamento do disco virá acompañado do seu debut en directo, que terá lugar o propio 23 de abril na Fábrica de Chocolate (Vigo), nun concerto de presentación no que Calllejo levará ao escenario a enerxía eléctrica do proxecto en formato banda. No escenario estará acompañado á batería por Ester Pérez, de The Dawlins. Podes mercar aquí as entradas.
Sobre Calllejo
Calllejo é o proxecto en solitario de Adrián Callejo Moscoso (Vigo, 1993). Multinstrumentista (baixo, guitarra, teclado e voz) e produtor, constrúe un son entre a electrónica, o indie e o pop, cantando en galego e castelán. Adrián liderou Nítido, grupo de pop rock con ecos dos 70 co que xirou por Galiza. Cando a pandemia impediu xuntarse cos seus para tocar, optou pola electrónica para compoñer e producir en solitario.
Hora
23 abril, 2026 22:00(GMT+02:00)


