REVISTA ABRIL

15mar22:00CaldoCONCERTOS | -22:00(GMT+01:00) Sala Rebullón

Detalles do eventos

Esta fin de semana a música folk reinará na sala Rebullón con dúas xornadas de concertos. O venres 15 actúa Caldo e o sábado 16 celebran O Son da Rebullón, coas actuacións de Mediarea, Os D’Abaixo e foliada aberta tras os concertos.

VENRES 15
O trío vigués Caldo, formado por María Jorge (violín), Anaïs Barbier (voz e pandeireta) e Pedro Fariñas (guitarra), fusiona a música tradicional con contextos sonoros contemporáneos a través da experimentación cos seus propios instrumentos. En 2020, foron distinguidos como o mellor proxecto de música folk nos Premios Martín Códax da Música. Co seu segundo álbum ‘Lugar A Ponte’, lanzado o pasado ano, consolidan a súa sonoridade, mantendo a esencia orgánica dos instrumentos e engadindo novas texturas e atmósferas.
Hora: 22:00 h | Entradas: Anticipada: 10,00 € / Billeteira 12,00 €

SÁBADO 16
Foliada “O Son da Rebullón”: Un novo evento en colaboración entre a Sala Rebullón e O Son do Pazo, cunha clara vocación de continuidade. Desfrutaremos das actuacións de:
Mediarea, grupo que comparte un amor profundo pola música patrimonial galega e a responsabilidade de contribuír á súa vitalidade con creatividade. Catro músicos e catro instrumentos, todos enraizados na terra que os viu nacer. O seu recente álbum ‘Sebo de Ghrilo’ capta a enerxía dos seus directos enérxicos a través de composicións propias.
Os D’Abaixo, formados en 2010, teñen como obxectivo promover e animar bailes e festas tradicionais. O seu repertorio inclúe pezas populares da música galega, xunto con novas achegas de fontes tradicionais ou creación propia. Integrado por músicos con experiencia no folk galego.
Foliada posterior aos concertos aberta a todo o mundo.
Hora 21:00 h | Entradas: Anticipada: 10,00 € / Billeteira 12,00 €

Entradas

Máis

Hora

15 marzo, 2024 22:00(GMT+01:00)

Localización

Sala Rebullón

Avda. do Rebullón 23, 36416 Tameiga, Galicia, Spain

Other Events