'Caderno de campo das Illas Cíes' e 'O libro dos océanos' – A Movida

novembro, 2018

14nov19:00'Caderno de campo das Illas Cíes' e 'O libro dos océanos'PRESENTACIÓN LIBRO | De balde19:00 Biblioteca Juan Compañel

Máis

Detalles do evento

Novembro é o “Mes da ciencia” nas bibliotecas e, dentro da programación da Biblioteca Pública de Vigo Juan Compañel, Catro Ventos participa con unha charla arredor de dúas das obras da editora: “Caderno de campo das illas Cíes” e “O libro dos océanos”.

O “Caderno de campo das illas Cíes” é unha compilación de ilustracións da natureza feitas en lapis e acuarela por Jose Arcas (biólogo e artista) para pór en valor o patrimonio natural das illas Cíes.
A fermosa experiencia visual enriquécese ademais coas paisaxes sonoras do arquivo de Carlos Suárez, as cales permiten ao lector mergullarse na escoita do ambiente das illas. Estes arquivos sonoros están accesibles mediante códigos QR, que se poden ler co móbil.
Para falar da obra contaremos coa presenza do autor, José Arcas.

Falarán ademais de “O libro dos océanos”, a obra de Esther Gonstalla que fai unha radiografía dos nosos mares a través dos datos oficiais da Fundación Alemá dos Mares, os cales retrata de xeito claro e visual a través de máis de 50 gráficas e infografías.

Para todos os públicos.
Entrada libre ata completar a capacidade da sala.

Hora

(Mércores) 19:00

Lugar

Biblioteca Juan Compañel

Rúa Joaquín Yáñez, 6, 36202 Vigo, Pontevedra

X