Detalles do eventos
Unha das citas máis esperadas pola cativada é a cabalgata dos Reis Magos que este ano volverá celebrarse en Vigo con dobre formato: estática pola
Detalles do eventos
Unha das citas máis esperadas pola cativada é a cabalgata dos Reis Magos que este ano volverá celebrarse en Vigo con dobre formato: estática pola mañá na Avenida de Castelao e en dinámica pola tarde nun percorrido que vai desde Coia ata o centro da cidade. Este ano a temática da comitiva é a maxia e a fantasía e estará composta por cinco carrozas públicas, as dos treis reis magos, a da carteira real e a da policía local; e outras cinco carrozas de empresas privadas. Tamén participarán na cabalgata o Bus de Nadal e animación de pasarrúas.
Cabalgata estática:
En Avenida de Castelao de 13:00 a 14:00 horas
Cabalgata dinámica:
Entre ás 18:00 e 20:00 h.
Percorrido: Avenida de Castelao, Praza América, Avenida de Camelias, Álvaro Cunqueiro e, de novo, Camelias ata a rotonda do Bicentenario.
Desde a rotonda do Bicentenario os Reis Magos descenderán polo Paseo de Granada, Abeleira Menéndez ata chegar ás 20:30 horas a Porta do Sol onde serán recibidos polo alcalde, Abel Caballero, que lles entregará as chaves da cidade para que no transcurso desa noite máxica poidan repartir todos os xoguetes e regalos entre os nenos e nenas de Vigo.
Hora
5 xaneiro, 2026 Todo o día(GMT+01:00)
Localización
Avenida Castelao



