REVISTA ABRIL

Cabalgata de Reis

05xan12:0020:00Cabalgata de ReisAS NOSAS FESTAS | De balde12:00 - 20:00(GMT-11:00) Avenida Castelao

Detalles do eventos

ACTUALIZACIÓN: Ante a alta demanda das solicitudes de cita previa para acudir á Cabalgata de Reis Magos que se instalará na Avenida de Castelao o vindeiro 5 de xaneiro, o Concello de Vigo decidiu abrir á reserva os outros dous carrís da cabalgata a través da portada da web municipal (www.vigo.org).
O Concello de Vigo quere desta forma garantir que toda a cidadanía poida acudir á zona na que se instalarán as carrozas con total seguridade nesta época de crise sanitaria.

Este ano a Cabalgata de Reis trae unhas cantas novidades respecto a outros anos debido a situación santaria. En primeiro lugar, tratarase dunha cabalgata estática, na que as carrozas ficarán no mesmo sitio e será a xente a que vaia movéndose dunha a outra.

En segundo lugar, este ano terá lugar na Avenida de Castelao, en Coia, xa que se trata dunha rúa moi ampla e que García Barbón atópase ocupada pola árbore de Nadal e polas obras da Porta do Sol máis adiante.

O horario no que estarán dispoñibles as carrozas será de 12:00 do mediodía ata as 20:00, cun breve descanso entre as 15:30 e as 16:00. Haberá dúas filas á hora de entrar situadas en Praza América, unha en cada lado da rúa.

Para realizar a reserva cómpre entrar na web do Concello (www.vigo.org) e premer na solicitude da cabalgata. Alí poderás escoller á hora desexada (de 15 en 15 minutos), sempre que non estea esgotada. A metade dos pases sairon hoxe ás 14:00 e a outra metade sairá máis adiante. Os grupos serán máximo de 6 persoas, e estes recibirán un código QR que lles dará acceso ao recinto.

En total haberá oito carrozas: tres para os Reis Magos, unha para a Carteira Real, outra da policía e tres de empresas particulares. Este anos os doces non serán lanzados desde os vehículos, senón que se entregarán nunha bolsa ao entrar. A temática será as civilizacións do mundo ao longo da historia.

Máis

Hora

(Martes) 12:00 - 20:00(GMT-11:00)

Localización

Avenida Castelao

Other Events