REVISTA ABRIL

Cabalgata dos Reis Magos de Vigo

05xanTodo o díaCabalgata dos Reis Magos de VigoAS NOSAS FESTAS | De balde(Todo o día: xoves)(GMT+01:00)

Detalles do eventos

Vigo volve ter este ano dúas cabalgatas dada a boa acollida do ano anterior.

Dun lado, a estática, que terá lugar o 5 de xaneiro pola mañá na Avenida de Castelao. E pola tarde, a cabalgata dinámica percorrerá as rúas da cidade desde a Praza de América, pasando pola rúa López Mora, rúa Pi i Margall e o Paseo de Alfonso, finalizando en Falperra e Cachamuíña. A recepción posterior que ofrece o Concello aos Reis Magos será na Porta do Sol.

Este ano o tema da comitiva son os contos infantiles, como Bambi carroza na que irá Melchor, O bosque animado que carrexará a Melchor,  Baltasar irá na carroza dedicada ao conto de Lewis Carrol Alicia no país das marabillas e a carteira real irá acompañando ao mundo máxico de Dumbo.

Como primeiro ano postpandemia, a cabalgata de Reis promete ser un grande espectáculo, con gran produción nas carrozas e servizos de animacións que inclúen produtores de teatro, grupos de cantantes, bandas e orquestras, servizos de baile, de diversión e de animación para nenas e nenos.

Horarios:

  • De 11:00 horas a 14:30 horas. (Cabalgata Estática)
  • De 17:30/18 horas a finalización. (Cabalgata dinámica)

Máis

Hora

Todo o día (Xoves)(GMT+01:00)