CONGRESO MAR >

08mai20:00ButrónCONCERTOS |Desde 11,00 €20:00(GMT+02:00) Sala Ártika

Detalles do eventos

Butrón é unha proposta musical e performativa creada pola violonchelista Macarena Montesinos e o pianista Pablo Seoane, situada nun territorio de encontro entre a improvisación, a música contemporánea, a arte sonora e a performance. O dúo parte dunha lectura singular de documentos culturais diversos como mapas, textos, códigos, imaxes, obxectos ou obras musicais preexistentes para transformalos en materia sonora e estética. A través dunha mirada apropiacionista, crítica e ás veces paródica, Butrón cuestiona os sistemas de notación, os modos tradicionais de escoita e as fronteiras entre disciplinas. A súa creación non busca tanto producir novos obxectos como abrir novas formas de percepción, traducindo materiais alleos ao ámbito musical en experiencias escénicas inesperadas. É un proxecto que invita a entrar nos lugares da arte por onde non estaba previsto: non pola porta, senón a través de fendas, desvíos e correspondencias insospeitadas.

Entradas

Hora

8 maio, 2026 20:00(GMT+02:00)

Localización

Sala Ártika

Av. da Beiramar, 113, 36208 Vigo, Pontevedra

Other Events