
Detalles do eventos
Vitrasa, en colaboración co Concello de Vigo, súmase un ano máis, e con este xa son quince, á Semana Europea da Mobilidade con diversas iniciativas que teñen por
Bus Turístico Gratuíto pola Semana da Mobilidade
Vitrasa, en colaboración co Concello de Vigo, súmase un ano máis, e con este xa son quince, á Semana Europea da Mobilidade con diversas iniciativas que teñen por obxectivo fomentar e pór en valor o uso do transporte público entre os vigueses e viguesas, por ser un dos medios máis cómodos, sustentables e respectuosos co medio ambiente para desprazarse pola cidade.
Por este motivo, o Bus Turístico será de balde o mesmo mércores 22 de setembro para os usuarios da tarxeta PassVigo, previa reserva online do billete na plataforma Woutick!. Haberá catro viaxes dispoñibles: ás 10:00, 12:00, 16:30 e 18:30 horas.
Punto de saída; C/ Cánovas del Castillo (Estación Marítima)
Punto de chegada: C/ Cánovas del Castillo, 22.
Duración do percorrido: 1 hora e media (aproximandamente)
Con esta iniciativa, búscase recoñecer ós usuarios habituais do transporte público a súa confianza, dándolle a oportunidade de que descubran Vigo dende unha óptica distinta a bordo do Bus Turístico. Os viaxeiros deberán levar posta a máscara en todo momento, así como acceder de maneira ordenada o bus, que conta con xel hidroalcohólico no seu interior.
Máis

(Mércores) 10:00
Estación Marítima
Rúa Cánovas del Castillo, 5, 36202 Vigo, Pontevedra