>
15mai20:30BUDIÑO - XIRA 'BRANCA VELA'CONCERTOS |Desde 17,60 €20:30(GMT+02:00) Teatro Afundación
Detalles do eventos
O novo espectáculo de Budiño para este 2026, baseado no seu último traballo discográfico, ‘Blanca Vela’, apóiase nunha posta en escena innovadora e nunha coidada produción audiovisual coa
Detalles do eventos
O novo espectáculo de Budiño para este 2026, baseado no seu último traballo discográfico, ‘Blanca Vela’, apóiase nunha posta en escena innovadora e nunha coidada produción audiovisual coa que o artista promete un concerto inesquecible, cheo de momentos imprescindibles para os amantes da música de raíz e das propostas que desafían fronteiras.
Con este novo show, Budiño transporta ao público ao seu propio universo musical canda unha banda de novos talentos, amosando en directo a solidez de dúas décadas de traballo cun son propio e único onde se entrelazan a percusión tradicional e a electrónica orgánica. A proposta reflicte unha viaxe íntima polos sons clásicos do artista, combinando tradición, modernidade e unha identidade sonora inconfundible. Este espectáculo marca un novo capítulo na traxectoria dun dos músicos máis destacados da escena galega e internacional, quen soubo evolucionar a súa arte sen perder a esencia das súas raíces. ‘Blanca Vela’ preséntase como unha homenaxe á busca constante de novos percorridos sonoros e como un reflexo do espírito inquieto e creativo de Budiño.
Hora
15 maio, 2026 20:30(GMT+02:00)
Localización
Teatro Afundación
Rúa Policarpo Sanz, 13, 36202 Vigo, Pontevedra
Hoxe móvese
xuño



