28nov20:30 Brothers in BandCONCERTOS | Desde 32,00 €20:30(GMT+01:00) Teatro Afundación
Detalles do eventos
O grupo Brothers in Band volverá subir ao escenario do Teatro Afundación o vindeiro venres, 28 de novembro, ás 20:30 horas, para presentar o espectáculo co que homenaxean
Detalles do eventos
O grupo Brothers in Band volverá subir ao escenario do Teatro Afundación o vindeiro venres, 28 de novembro, ás 20:30 horas, para presentar o espectáculo co que homenaxean o cuadraxésimo aniversario do icónico disco de Dire Straits Brothers in Arms. As entradas están dispoñibles en Ataquilla.com.
Os Brothers in Band, que xa tocaran no Teatro García Barbón en 2014, naceron como banda en 2007 e dende entón deron máis de 500 concertos. Xiran continuamente, dende 2010, en países coma Alemaña, Francia, Portugal, Países Baixos ou o Reino Unido. É o grupo máis importante de cantos homenaxean a Dire Straits. Neste 2025, tocaron por primeira vez en Sudamérica, nunha xira que pasou por Colombia, México e Perú.
O grupo, de orixe española, pero liderada polo italiano Angelo Fumarola (voz e guitarra solista), recrea cunha extrema precisión a sonoridade de Dire Straits. Da fidelidade ao son e o estilo orixinal que acadan os Brothers in Arms, dá conta unha anécdota acontecida en 2008. O teclista de Dire Straits, Guy Fletcher, escoitou daquela a banda tributo en Granada. E asegurou que inicialmente pensara que se trataba dunha gravación feita pola banda orixinal.
Brothers in Arms
Con máis 30 millóns de copias vendidas, o álbum Brothers in Arms, publicado en 1985, foi o terceiro máis despachado no planeta entre 1980 e 1990. Tan só o superaron os tamén lendarios Thriller, de Michael Jackson, e Back in Black de AC/DC. Na xira de Brothers in Arms, en 1985, os Dire Straits tocarían por ves primeira en España. Ofreceron tres concertos en Madrid, Barcelona e Bilbao. No tributo que os Brothers in Band fan a aquel disco e os seus directos, Angelo Fumarola copia e devolve aos escenarios as posturas, os acenos, e a expresividade de que fora líder de Dire Straits, Mark Knopfler.
Hora
28 novembro, 2025 20:30(GMT+01:00)
Localización
Teatro Afundación
Rúa Policarpo Sanz, 13, 36202 Vigo, Pontevedra



