VIALIA
bannerPicnicSesions

Broken Peach

24xuñ20:00Broken PeachCONCERTO | De balde20:00(GMT+02:00) Paseo Alfonso XII

Detalles do eventos

Dentro da campaña de apoio ao pequeno e mediano comercio ‘Todo o que gastas en Vigo, queda en Vigo’ o Concello vai organizar concertos en diferentes espazos da cidade. O primeiro é o de Broken Peach o xoves 24 no paseo de Alfonso. A seguinte actuación musical terá lugar na praza de Compostela o sábado 26 e logo trasladaranse a contorna de Montero Ríos e Rosalía de Castro, onde haberá música en directo os días 28, 29, 30 de xuño e 1, 2, 3 e 4 de xullo.

Sobre a banda viguesa Broken Peach:

Podería dicirse que somos unha banda, podería dicirse que somos un coro, ou podería dicirse que somos un espectáculo para nenos e adultos… e a verdade, podería dicirse que somos un pouco de todo. Creamos unha nova forma de fusionar a música co espectáculo tentando desmarcarnos das típicas bandas de versións, dándolle un toque persoal a cada un dos temas que interpretamos. A nosa formación é de 4 voces, batería, baixo, guitarra/piano. Unha das nosas mellores bazas é ter unha estética tan elegante como extravagante que sitúan ao espectador en diferentes épocas e ambientes. O noso eclecticismo músical viaxa desde o soul ata o rock, pasando polo gospel, funk, pop, etc.

Broken Peach

Máis

Hora

(Xoves) 20:00(GMT+02:00)

Localización

Paseo Alfonso XII

Paseo de Alfonso XII, 3, 36202 Vigo, Pontevedra

Other Events