Breve Noticia Histórica das Irmás Mella – A Movida

novembro, 2018

23nov19:00Breve Noticia Histórica das Irmás MellaCONFERENCIA | De balde19:00 Biblioteca EMAO

Máis

Detalles do evento

O 23 de novembro ás 19:00, celebrarase na hemeroteca da EMAO unha xuntanza para reivindicar a labor social das irmás Mella Serrano nesta cidade. Este acto enmárcase dentro dunha serie de presentacións que terán lugar entre novembro e decembro en Santiago, A Coruña, Pontevedra e novamente Vigo para divulgar o legado do anarquista vigués Ricardo Mella e presentar a web ricardomellacea.info.

O acto estará exclusivamente dedicado á memoria das fillas de Ricardo Mella Cea e Esperanza Serrano: Alianza, Esperanza, Urania, Alba, Flora, Luz e Alicia, todas elas antigas alumnas da Escola de Artes e Oficios.

Este evento está organizado e coordinado pola investigadora Iria Presa e contará coa presenza entre outros do historiador José Luis Mateo e a poetisa Silvia Penas.

Hora

(Venres) 19:00

Lugar

Biblioteca EMAO

36201, Rúa de García Barbón, 5, 36201 Vigo, Pontevedra

X