>

10xul(xul 10)09:0012(xul 12)12:30Bouzas convértese nun museo ao aire libre coa Liga Nacional de GraffitiARTE E MUSEOS | De balde09:00 - 12:30 (12)(GMT+02:00) Estadio Municipal de Bouzas Baltasar Pujales

Detalles do eventos

A Liga Nacional de Graffiti trae a Vigo a dez artistas nacionais e internacionais os días 10, 11 e 12 de xullo. O certame, integrado no programa Vigo Cidade de Cor, converterá Bouzas “nunha gran sala de pintura ao aire libre”.

O concurso reunirá a dez artistas que realizarán as súas creacións sobre o muro de peche do estadio municipal Baltasar Pujales. Os artistas participantes serán Mariadie, Hide2, Nauni69, Klina, Konestilo, Badi Coloreando, Cien, Rey de la Ruina, Amek Uno e Cafre.

A competición arrancará o venres 10 de xullo, de 9.00 a 20.00 horas, coa execución dos primeiros murais, continuará o sábado 11 no mesmo horario e concluirá o domingo 12 coa entrega de premios, prevista entre as 12.00 e as 12.30 horas.

Ademais, o sábado celebrarase un obradoiro infantil de graffiti entre as 12.30 e as 14.00 horas.

Hora

10 xullo, 2026 09:00 - 12 xullo, 2026 12:30(GMT+02:00)

Localización

Estadio Municipal de Bouzas Baltasar Pujales

Rúa de Eduardo Cabello, 55, 36208 Vigo, Pontevedra

Other Events