>
03out20:00'Boberías'ESPECTÁCULOS | De balde20:00(GMT+02:00) Asociación Cultural Évame Oroza
Detalles do eventos
A actriz Orisel Gaspar achegará ao público en Évame Oroza o seu novo proxecto Boberías, un espectáculo vivo e cambiante que se constrúe a partir de bocetos, ensaios,
Detalles do eventos
A actriz Orisel Gaspar achegará ao público en Évame Oroza o seu novo proxecto Boberías, un espectáculo vivo e cambiante que se constrúe a partir de bocetos, ensaios, improvisacións, pequenas escenas, momentos de xogo e exercicios creativos.
A proposta é unha invitación á inspiración, co obxectivo de promover a reflexión, a conversa aberta e o debate, situando a experiencia artística como motor de encontro e pensamento compartido.
Sobre Orisel Gaspar
Licenciada en Artes Escénicas pola Universidade das Artes de La Habana, Gaspar conta cunha traxectoria que se inicia en 1985 como actriz profesional, directora e docente de teatro e oratoria. Ademais de actuar, escribe, performa, compón e canta como parte da súa necesidade vital de expresión. O seu traballo abrangue tamén participacións en cine e televisión.
Hora
3 outubro, 2025 20:00(GMT+02:00)
Localización
Asociación Cultural Évame Oroza
Subida Costa, 5, 36202 Vigo, Pontevedra


