11xan20:00BOA SORTE MALA FAMACONCERTOS | Desde 11,00 €20:00(GMT+01:00) Sala Ártika
Detalles do eventos
Traxicomedia de Tarabela Creativa sobre a emigración galega, con narración oral, música ao vivo e tres mulleres en escena na Sala Ártika de Vigo. Contan
Detalles do eventos
Traxicomedia de Tarabela Creativa sobre a emigración galega, con narración oral, música ao vivo e tres mulleres en escena na Sala Ártika de Vigo. Contan con dúas funcións ás 20:00 h: o sábado 10 e o domingo 11 de xaneiro.
SINOPSE
Sempre se soubo, claro está, que as anduriñas son aves de bo agoiro, que alí onde aniñan traen fortuna, que anuncian a primavera e que os mariñeiros as tatuaban na pel por cada travesía da que lograban retornar. Pouco se fala, en cambio, do molestas que se lle fan a moita xente co seu canto agudo e co seu xeito de enchelo todo de excrementos. Por iso estas aves dan boa sorte, pero teñen mala fama. Ningún outro animal se parece tanto aos emigrantes galegos: estamos en cada continente, vivimos facendo colonias, temos na cabeza o camiño de volta a casa e marchamos por necesidade. E, igual que as anduriñas, gañamos mala fama, aló onde fomos buscar a nosa boa sorte. Este espectáculo nace da necesidade de contar, precisamente, aquelo do que pouco se fala. Trátase dunha traxicomedia en tres actos: Acto primeiro, os tratos; acto segundo, os maltratos e acto terceiro, os retratos. Nos que facendo unha cartografía e un percorrido a través de diferentes épocas e persoas se contará a historia máis “incómoda” da nosa emigración. Empregando para isto tres disciplinas: a narración oral (que será o fío condutor), a música ao vivo (que fará que o público se ubique naquelas outras realidades e sensacións que atravesamos) e na interpretación actoral (coa que se poñerá corpo ás palabras e coa que se traballará na metáfora do espello e do reflexo como leit motiv.) Tres mulleres en escena para representar cada unha dende a súa disciplina o rostro menos institucional da emigración galega.
Hora
11 xaneiro, 2026 20:00(GMT+01:00)
Localización
Sala Ártika
Av. da Beiramar, 113, 36208 Vigo, Pontevedra
Hoxe móvese
xaneiro


