15mai21:30BLUES & RIASCONCERTOS | DESDE 15,00 € 21:30(GMT+02:00) Sala Supersonic
Detalles do eventos
Tras o éxito da xira en Galicia dos americanos THE BLACK HOLE en marzo, o ciclo de concertos BLUES & RIAS, organizado pola promotora viguesa FB ProduXion, presenta
Detalles do eventos
Tras o éxito da xira en Galicia dos americanos THE BLACK HOLE en marzo, o ciclo de concertos BLUES & RIAS, organizado pola promotora viguesa FB ProduXion, presenta unha nova edición, esta vez dedicada ao blues de raíz, con dous concertazos de artistas internacionais afincados en Galicia, así como tamén nacidos aquí, afianzando deste xeito os seus 4 anos de vida, traendo a Galicia artistas de todo o mundo e das diferentes ramificacións que o xénero do blues ofrece.
O venres 15 de maio, na Sala Supersonic de Vigo, aterran desde A Coruña DAVID LH, músico tradicional de blues que reflicte unha conexión cos sons tradicionais do sur dos Estados Unidos que xurdiron a comezos do século XX. Acompañado por Washboard Plof, quen, coa súa táboa de lavar, culleres e a súa habilidade coa xerra soprada, achega un dinamismo propio do swing, aportándolle un recendo a Louisiana.
E desde os USA pero afincado na Coruña tamén, o guitarrista FERAL BOOTY, quen en formato cuarteto presenta as súas cancións nun directo moi desenfreado e enérxico. Unha banda que naceu en Seattle hai 7 anos, e que actualmente está composta por banxo, violín, caixón e guitarra acústica, xunto á desgarrada e forte voz de Feral. Ritmos desenfreados con aires de country americano e punk folk.
Hora
15 maio, 2026 21:30(GMT+02:00)
Localización
Sala Supersonic
Rúa Fermín Penzol, 6, 36202 Vigo, Pontevedra


