
13mai21:30Blues & Rías A Gran Jam!CONCERTOS | 10,00€21:30 Sala Rouge
Detalles do eventos
Os Músicos Locais únense!Primeira edición de Blues & Rías A Gran Jam!, un encontro de músicos de Vigo e arredores, con Claudio Gabis como convidado especial.
Blues & Rías A Gran Jam!
Os Músicos Locais únense!
Primeira edición de Blues & Rías A Gran Jam!, un encontro de músicos de Vigo e arredores, con Claudio Gabis como convidado especial.
Claudio Gabis, é un recoñecido guitarrista, compositor e produtor arxentino, nacido en Buenos Aires e radicado en Madrid, é considerado un dos pioneiros do rock e blues en Arxentina, e deixou unha pegada indeleble na música popular do seu país.
O concerto, que está auspiciado polo Consulado Xeral da República Arxentina en Vigo, tamén contará con músicos locais de primeiro nivel, incluíndo a Lucas Fernández, Juanma Ons , Javier Casal, Pedro Murciego, Nando Abril, Andrius, Javier Prado, Pedro Gregorio, Manu Ares, Frans Banfield e Mike Trompy, unha incrible aliñación de talentos, que promete ser unha experiencia musical única e inesquecible.
Cada entrada, inclúe unha consumición para degustar mentres se goza da música en vivo. Logo do concerto a festa continúa con DJ Penelas.
Unha noite especial chea de blues, jazz e diversión, para non perderse.
O sábado 13 ás 21:30 h na Sala Rouge. Entradas 10 Euros con consumición.
Máis

(Sábado) 21:30
Sala Rouge
Rúa de Pontevedra, 4, 36201 Vigo, Pontevedra