
BLUES DO PAÍS
15mar21:30BLUES DO PAÍSCONCERTOS | 10,00 €21:30(GMT+01:00) La Pecera
Detalles do eventos
Blues do País somos Bieitta James, a grande Diva Rural (lseo Agilda) e Pepe King, o Bluesmanciño que a acompaña (Brais das Hortas). Xuntas versionamos clásicos do Blues,
Detalles do eventos
Blues do País somos Bieitta James, a grande Diva Rural (lseo Agilda) e Pepe King, o Bluesmanciño que a acompaña (Brais das Hortas). Xuntas versionamos clásicos do Blues, Soul, Rhythm’n’Blues… E adaptámolos á idiosincrasia e retranca galegas. E dá gusto! Si, señora! Blues en galego! Otis Redding no peirao da Coruña, ou Etta James mariscando en Cabo da Crus, B.B. King nun furancho en Redondela ou Eric Clapton lendo a Castelao…Todo iso é posible con Blues do País.
Música de calidade, en galego, mesturada con teatro, clown e improvisación. Enerxía e entrega total en cada directo e unha discografía coidada no breve percorrido deste dúo galaico-mississipeño.
Dende que arrincamos motores no 2014 xa pasamos por todo tipo de escenarios e situacións: casas da Cultura, auditorios, festivais, ceas,aniversarios, paradas do bus, rotondas, rúas e prazas, camións do pienso e mesmo bateas … Calquera sitio é bo para botarlle uns blueses da casa.
Máis
Hora
15 marzo, 2025 21:30(GMT+01:00)
Localización
La Pecera
Rúa de Pizarro, 35, 36204 Vigo, Pontevedra
Hoxe móvese
- Mes actual