VIALIA
bannerPicnicSesions

Bluefest: MYLES SANKO + ADRIÁN COSTA BLUES BAND

23out21:00Bluefest: MYLES SANKO + ADRIÁN COSTA BLUES BANDCONCERTOS | Desde 26,00€21:00(GMT+02:00) Mar de Vigo

Detalles do eventos

BLUEFEST quere achegar un novo evento á cidade de Vigo para ofrecer a oportunidade ao público de experimentar as diferentes formas de entender as músicas de raíz negra. Un festival de estilo que cubre a demanda dun público que asiste con expectativas de atopar unha experiencia de gran calidade en directo.

Myles Sanko, orixinario de Ghana aínda que británico de adopción, é un grande do soul na escena europea, a súa traxectoria ascendente é imparable desde que en 2014 publica o seu primeiro traballo “Born in Black”, onde xa quedaba clara a súa gran calidade vocal. Myles Sanko presentará en Vigo o seu novo disco “Memories of Love”, onde segue apostando forte por unha mestura de jazz, blues e soul elegante para gustos exquisitos.

Adrián Costa é un dos representantes máis valorados do blues español. Formou xunto co armonicista Marcos Coll, Los Reyes del K.O. ,unha das formacións máis destacadas da escena blues europea. Blues, funk, soul son os trazos máis característicos deste músico compostelán aínda que non renega das súas raíces latinas. Un guitarrista cunha voz poderosa que non concibe a música sen o baile

Máis

Hora

(Sábado) 21:00(GMT+02:00)