26xuñ21:30Blue MondaysCONCERTOS | 8,00 €21:30(GMT+02:00) La Pecera
Detalles do eventos
A mítica sala viguesa La Pecera acolle este venres o directo de Blue Mondays, unha formación que reúne sobre o escenario a recoñecidos músicos da escena local. A
Detalles do eventos
A mítica sala viguesa La Pecera acolle este venres o directo de Blue Mondays, unha formación que reúne sobre o escenario a recoñecidos músicos da escena local. A banda está integrada por Irra Chouza á guitarra, Txelu Barreira ao contrabaixo e Walter Pelayo á batería, compoñentes de proxectos en activo tan sintonizados como La Chata Soul, Layuca ou El Cuarto De Tula.
Para esta cita, o trío sumará como guinda a potente voz de Laura Taka (vocalista en Mitic El Espectáculo, Samba De Batea ou Cherry Sweet), completando un cuarteto de luxo perfecto para gozar dunha noite a ritmo de auténtico soul, swing e blues clásico.
Hora
26 xuño, 2026 21:30(GMT+02:00)
Localización
La Pecera
Rúa de Pizarro, 35, 36204 Vigo, Pontevedra
Hoxe móvese
xullo


