Bloomsday

16xuñ11:0019:30BloomsdayACTIVIDADES PARA O COCO | De balde11:00 - 19:30(GMT+02:00) MARCO

Detalles do eventos

Con motivo do centenario da publicación de Ulises, de James Joyce, a Editorial Galaxia súmase á celebración internacional do Bloomsday, en Vigo. Será o xoves 16 de xuño, en horario de 11 h a 14:30 h e 17 h a 19:30 h, no exterior do museo MARCO e para participar hai que escribir a comunicacion@editorialgalaxia.gal. Todas e todos os interesados poderán ler un fragmento da súa obra, durante toda a efeméride.

A Editorial Galaxia, apostando por este clásico imprescindible, publicou por primeira vez o Ulises en galego, en 2013, traducido por Eva Almazán, María Alonso Seisdedos, Xavier Queipo e Antón Vialle. O obxectivo principal desta celebración, que será presencial e telemática, é o de achegar a obra de Joyce ao maior público posible.

Esta data rende homenaxe á figura de Leopold Bloom, ou ‘Poldy’, personaxe principal da novela de Ulises, de James Joyce; caracterizado como antiheroe, do libro. O autor, exterioriza os pensamentos de Bloom a través da técnica do monólogo interior, estando Ulises focalizada neste personaxe e na súa “Odisea” contemporánea.

Publicada en París en 1922 pola librería Shakespeare and Company, a extensa novela de James Joyce (Dublín, 1882-Zürich, 1941) desenvólvese durante un só día, o 16 de xuño de 1904, en Dublín. Joyce emprega en Ulises, á parte da corrente de consciencia, a parodia, os xogos de palabras e unha variada e ampla gama de técnicas narrativas; para contar as peripecias do seu protagonista, Leopold Bloom.

A súa influencia na literatura posterior foi indubidable, tanto no que se refire á transformación que supuxo respecto da maneira de narrar coma no repertorio de formas literarias, sen esquecer a transformación da idea de novela, na que Ulises marcou o paso do modelo decimonónico ao modelo de novela contemporánea.

Máis

Hora

(Xoves) 11:00 - 19:30(GMT+02:00)

Localización

MARCO

Museo de Arte Contemporánea de Vigo, Rúa do Príncipe, 54, 36202 Vigo, Pontevedra

Other Events