Big Bang Band – A Movida

xullo, 2018

20xul21:00Big Bang BandCONCERTO | 10,00€21:00 Fundación Sales

Máis

Detalles do evento

A Big Bang Band créase no 2012 pola iniciativa do saxofonista de Jazz lituano Rolandas Butkevicius baixo o amparo da A.VV. Emilio Crespo de Navia. O seu obxectivo é alcanzar a estrutura, aparencia e sonoridade auténticas das
grandes Big Bands norteamericanas da primeira metade do século XX, seguindo as tradicións marcadas por Glenn Miller, Benny Goodman, Duke Ellington e Count Basie.
Comezou como unha pequena banda cuxa base do repertorio era o Dixieland, pero a medida que foi crecendo, as súas interpretacións inclínanse claramente cara ao Swing, pero sen esquecer ritmos Rock, Bossa, Funk, etc. Cos seus swing lentos como MOOD INDIGO ou GEORGIA ON MY MIND, a Big Bang Band trasládanos aos elegantes salóns dos grandes hoteis que mirabamos nas películas de Fred Astaire, pero tamén con blues como BASIN STREET BLUES, BLUES MACHINE ou os seus temas Dixie ou Jazz que recrean o ambiente dos clubs de jazz máis sórdidos.
Dende que se crearon e estrearon como big band en xuño do 2012, protagonizaron un total de 24 concertos en varios auditorios e salas de Cangas, A Ramallosa, Pontevedra e Vigo.
A Big Bang Band está formada por 4 saxos, 3 trompetas, 3 trombóns, guitarra -voz, piano, contrabaixo e batería.

Entrada 10,00€
Se eres socio da Fundación Sales 8,00€

Hora

(Venres) 21:00

Lugar

Fundación Sales

de, Av. Europa, 52, 36212 Vigo, Pontevedra

X