
22xuñ17:00'BIBOPALULA'PEQUERRECHOS | Desde 11,00 €17:00(GMT+02:00) Auditorio Teatro Afundación
Detalles do eventos
O Teatro Afundación acolle Bibopalula, un espectáculo musical de gran formato para nenos e nenas de entre 4 e 8 anos. Bibopalula está baseado na serie homónima, que
Detalles do eventos
O Teatro Afundación acolle Bibopalula, un espectáculo musical de gran formato para nenos e nenas de entre 4 e 8 anos. Bibopalula está baseado na serie homónima, que foi a primeira serie musical de debuxos en galego. Marta Lado é a autora do texto e directora da peza, que está protagonizada por Lidia Veiga e musicalizada por Santi Jul e Iván Laxe. Pola súa parte, Cristina Andrade, Graciela Carlos, Sarra Ferro e Nerea Rodríguez son as encargadas de dar vida a Pegui, Carpin, Merli e Robin, a Banda do Bosque.
SINOPSE
Ava é unha experta observadora de paxaros. Alegre, curiosa e aventureira, a súa paixón é o bosque e toda a vida que cada día podemos descubrir nel. Tamén lle encanta animar ás pequenas e pequenos espectadores a prestar moita atención sobre o que acontece entre as árbores…
A Banda do Bosque recibe de parte do Señor Moucho a misión de atopar un misterioso tesouro. Robin, Carpin, Pegui e Merli enfróntanse durante a busca a distintos atrancos, pero tamén a momentos emocionantes ao redor de todo o que ofrece a natureza no bosque, os cambios meteorolóxicos, ou o día e a noite.
Polo medio da aventura, moita música: doce cancións orixinais xa coñecidas polo público de Bibopalula, como O Terremoto, As Estrelas ou A Poza, con coreografías, efectos especiais e unha espectacular iluminación para unha experiencia teatral inédita.
Máis
Hora
22 xuño, 2025 17:00(GMT+02:00)
Localización
Auditorio Teatro Afundación
Marqués de Valladares s/n