novembro, 2019

21nov18:00BIBLIOLAB: 'A violencia machista institucional'ACTIVIDADES PARA O COCO | De balde18:00 Escola Universitaria de Estudos Empresariais

Máis

Detalles do evento

Pola historia que contan, pola contorna na que foron escritos ou polas experiencias vitais das súas autoras, algúns libros son unha boa ferramenta para coñecer, analizar e combater as violencias que se exercen contra as mulleres. Por iso, a Unidade de Igualdade da Universidade de Vigo decidiu escoller unha serie de publicacións para argallar, arredor delas, un ciclo de faladoiros que baixo o nome de Bibliolab abordarán a violencia de xénero como unha realidade multidimensional. Esta iniciativa arranca o xoves 26 de setembro e estenderase ata o 10 de decembro, con citas nos tres campus arredor de diferentes volumes.

A primeira sesión será este xoves 26 de setembro, no museo Marco de Vigo, arredor de No camiño do vento, a obra póstuma de Sesé Mateo, asasinada pola súa ex parella en Redondela en 2017. Nesa cita intervirán o fillo da autora, Joshua Alonso; Montse Vilar, da librería Lila de Lilith e a poeta Miriam Ferradáns.

As tres sesións de novembro serán na cidade de Vigo. A primeira delas o día 7 na Escola Universitaria de Estudos Empresariais sobre o volume Leia, Rihanna & Trump. De cómo el feminismo ha transformado la cultura pop y de cómo el machismo reacciona con terror, coa participación de representantes de Proyecto Una, que impulsa esta publicación e Monse Vilar pola Libraría Lila de Lilith. O día 21, na mesma sede será a quenda de A violencia machista institucional, unha publicación coordinada por Iria Villar, que participará no faladoiro xunto coa profesora da Universidade de Vigo Carmen Verde e Monse Vilar pola Libraría Lila. O ciclo regresa ao Marco o día 10 de decembro para baixar o pano analizando tres obras da narrativa galega recente: Infamia de Ledicia Costas, A Dúbida, María Reimóndez e Remexido de patacas, Eli Ríos, coa participación das tres autoras.

Hora

(Xoves) 18:00

Lugar

Escola Universitaria de Estudos Empresariais

rúa Torrecedeira 105 36208 Vigo España

X