GFFF

'Bianco'

24set18:00'Bianco'PEQUERRECHOS | Desde 8,00 €18:00

Detalles do eventos

 No mes de setembro a Sala Ártika etoma a programaciónco XXI Circuíto de la Red de Teatros alternativos.

O obxetivo do Circuito é facilitar a xira fora da súa rexión de orixe a compañías entre as 54 salas asociadas á Red de Teatros Alternativos en todo o país. A Sala Ártika é o único espacio en Galicia dentro da rede.

Programación:

Domingo 24 de setembro ás 12:00 e ás 18:00 h
Bianco de Labú Teatre (Cataluña)
Espectáculo para publico familiar (+6 anos)

Unha rapaza que vive nun vello hostal recibe a visita inesperada dun entrañable viaxeiro. As portas e fiestras do seu corazón abriranse coma nunca antes. Un encontro especial que levará á protagonista ata un novo camiño inesperado.
A aceptación do cambio, coma estes nos modifican na nosa vida – sexan grandes ou pequenos -, como os xestionamos e os enfocamos do mellor xeito posible. A fin dun recordo, a perda de alguén ou daquilo que amas.

LaBú Teatre crea unha poética visual que acompaña ao espectador, xa sexa aos máis cativos ou aos maiores, a un estado de reflexión e liberdade para sentir, revivir, emocionarse e perderse.

Domingo 1 de outubro ás 17:00 e 18:30h
Mímesis, de Zig Zag Danza (Asturias)

Público infantil (de 0 a 3 anos)

Unha experiencia artística para os bebés e as súas familias… “Mimesis” é un espectáculo de danza que se constrúe coma un ritual iniciático á vida. Nel a música, a luz e o movemento atenden ao proceso cognitivo dos máis pequenos. É unha coidada produción internacional realizada entre España e Alemaña, que parte dunha idea: a imitación como vía de relación co mundo. Aprendemos porque repetimos aquilo que vemos. O público acomódase 360 grados arredor da acción nun espazo voluble que invita á atención e o descubrimento…

Entradas:

Entrada Anticipada: 8,00 € + gastos de xestión (dispoñible ata 24 horas antes da primeira función)
En taquilla: 10,00 €

Máis

Hora

(Domingo) 18:00

Localización

Sala Ártika

Av. da Beiramar, 113, 36208 Vigo, Pontevedra