JORGE PARDO

Bewis de la Rosa

07mar21:00Bewis de la RosaCONCERTOS | Desde 13,20 €21:00(GMT+01:00) Sala Master Club

Detalles do eventos

A artista madrileña Bewis de la Rosa preséntanos o seu primeiro álbum ‘Amor más que nunca’ onde a artista desenvolve o concepto «rap rural». O proxecto recolle cancións, textos, videoclips e concertos performativo desde dous puntos de vista: o amoer e o mundo rural.

Observamos un universo escénico con claras referencias á tradición castelá, onde música, danza e performance entrelázanse. Xunto ao son do produtor musical G. Rams, atopamos elementos do rap, hip-hop, latin e folclore cunhas letras cargadas de discurso. Aparecen o pensamento crítico, o transfeminismo, o decrecemento, a ferida histórica e a saúde mental. 


O seu formato en físico é comprometido, o vinilo inclúe sementes para plantar tomates, co obxectivo de que «en dez anos en lugar dun disco no río haxa unha tomateira na túa casa”; ademais do disco dixital e un póster, contén un fanzine que recolle textos desde unha mirada crítica ao amor romántico, expondo novas formas de xestión emocional desde as non-monogamias. 


A súa primeira xira, que xa suma máis de 70 datas en apenas dous anos, cfai dúas paradas en Galicia. Coruña e Vigo son as cidades galegas que poñerán broche de ouro a esta primeira andaina da polifacética Bewis.

Entradas nesta ligazón.

Máis

Hora

7 marzo, 2025 21:00(GMT+01:00)

Localización

Sala Master Club

Rúa de Urzáiz, 1, 36201 Vigo, Pontevedra

Other Events