Ben Salter – A Movida

novembro, 2018

29nov21:00Ben SalterCONCERTO | Taquilla inversa21:00 Brewing Records

Máis

Detalles do evento

Ben Salter é un compositor e intérprete australiano que vive no estado sureño de Tasmania. Realizou xiras por Australia e o mundo durante case 20 anos, en solitario e como membro de The Wilson Pickers, The Gin Club, Giants of Science e Hownowmer. Ben regresa á Europa para apoiar o seu último álbum, Back Yourself.

A voz distintiva e emotiva de Ben cítase regularmente coma unha das mellores de Australia. Nas súas actuacións destaca a súa narración de historias, o seu humor e a súa sinceridade, mentres que as súas grabacións experimentan cunha diversidade de estilos, desde baladas acústicas ata indie rock, desde paisaxes sonoros de vangarda ata instrumentais. O seu estilo literario está na tradición de compositores como John Cale, Robert Wyatt e David Byrne, e está inspirado en artistas como The Velvet Underground, Roy Orbison, The Ink Spots e Low.

Hora

(Xoves) 21:00

Lugar

Brewing Records

Rúa Martín Códax, 8, 36201 Vigo, Pontevedra

X