setembro, 2019

19set18:0021:00BELIAL. Desobediencia e vandalismoESPECTÁCULOS | De balde18:00 - 21:00 Museo Marco

Máis

Detalles do evento

Somos quen de sosternos nun espazo baleiro? Cómpre dotalo dun significado? Procuramos no espazo o sentido que el nos ofrece? Ou, como humanas, intervimos constantemente? Somos quen de aturar a quietude? Sempre temos algo que dicir ou que facer?

Quizais —especialmente nestes momentos sociais— non somos quen de parar quietas, empeñadas en deixar pegadas, en estampar selos, en pensar e crer que temos algo do noso máis importante có silencio.

Sería boa cousa deixar descansar un espazo?

Nós non imos facer iso, non.

Hora

(Xoves) 18:00 - 21:00

Lugar

Museo Marco

Rúa do Príncipe, 54, 36202 Vigo, Pontevedra

X