Belén Casa das Artes – A Movida

novembro, 2018

28novalldayBelén Casa das ArtesBELÉN | De balde(Todo o día) Casa das Artes

Máis

Detalles do evento

O título escollido para a exposición é  ‘Un belén para o rei. O Nadal no Alcázar’, na que ademais do belén atoparemos fotografías e textos explicando as diferentes figuras, localizacións e escenas da representación. Inspirada polos beléns portugueses neoclásicos dos séculos XVII e XVIII, nela atopamos momentos claves da Biblia como o Nacemento de Xesús e a adoración dos pastores, a Anunciación do anxo ou a Cabalgata dos Reis Magos.

Tamén hai múltiples referencias a Vigo, xa que podemos ver referencias locais como as fontes de Neptuno, Falperra ou do ‘Angelote’, o río Lagares, os petroglifos de Zamáns aou dous aldeanos coa indumentaria típica do Vigo do século XVII. Como diciamos, o belén conta con sons incorporados e cambio de luz, para conseguir unha experiencia máis real e inmersiva.

Esta contrucción, realizada con todo luxo de detalles, poderá visitarse de luns a venres de 17 a 21 horas; sábados, domingos ye festivos de 11 a 14 horas e 17 a 21 horas; días de Nadal, Aninovo e Reis, de 12 a 14 horas e de 17 a 21 horas; días de Noiteboa e Noitevella, de 12 a 20 horas; e véspera de Reis (Cabalgata), de 12 a 21 horas.

 

Hora

Novembro 28 (Mércores) - Decembro 7 (Venres)

Lugar

Casa das Artes

Policarpo Sanz, 15, Vigo

X