BANNER CANS
BANNER GALAXIA

10mai20:30Orquestra Clásica de Vigo: 'Misa en do maior'CONCERTOS | Desde 6,00 €20:30(GMT+02:00) Auditorio Teatro Afundación

Detalles do eventos

A Orquestra Clásica despide a tempada do 40 aniversario cun gran concerto para orquestra e coro: a Misa en do maior, Op. 86, de L. V. Beethoven. Composta poucos anos despois da súa primeria obra relixiosa, Cristo en el Monte de los Olivos, Op. 85 (1803), esta obra constitúe a súa primeira misa e un dos poucos exemplos do repertorio coral do compositor. Neste concerto a Orquesta Clásica de Vigo terá a honra de compartir escenario co Ensemble Vocal Pro Musica, procedente da cidade do Porto. Unha proposta que será o resultado dun intercambio que busca normalizar a conexión da nosa orquestra con propostas ao outro lado do Miño.

O Ensemble Vocal Pro Musica é un coro xove asentado na cidade do Porto. Por ser un grupo xove, procura dentro da súa actividade musical explorar o compoñente lúdico, sen esquecer o educativo e por iso “viaxa”, no tempo e no espazo, facendo música de diferentes tipos, estilos, países e épocas. Os seus integrantes, unidos por un gusto moi especial pola música vocal e por grandes lazos de amizade, están verdadeiramente implicados en levar ao coñecemento da comunidade programas que inclúan música para todas as idades, gustos e maneiras.

Un dos obxectivos do grupo é a participación en concursos internacionais, o que contribúe de forma decisiva na súa excepcional motivación, evolución musical e artística que lles posibilita o contacto coa realidade coral internacional e o convívio con grupos oriundos de varios continentes e de alto nivel artístico.

ENTRADAS AQUÍ

Máis

Hora

10 maio, 2025 20:30(GMT+02:00)

Localización

Auditorio Teatro Afundación

Marqués de Valladares s/n

Other Events